jueves, 14 de mayo de 2020

Fonte: El País. 

Conta a lenda que en Vigo, na pequena zona de Castrelos, viviía hai moito tempo un vello ferreiro.
Este home sempre viviu centrado no seu traballo, nin sequera pensou nunca en namorarse. 
Un bo día, unha moza preciosa pasou por diante da súa forza, e sen poder evitalo o vello ferreiro cheo de arrugas e canas brancas quedou locamente namorado daquela muller. 


   Intentou por todos os seus medios namorala, incluso gastou moito diñeiro para regalarlle unha xoia moi cara, pero aínda así non foi capaz de conseguilo.

   Un día, o ferreiro colleu tal cabreo que decidiu secuestrar á muller na súa casa. 
Entre lágrimas, a pobre moza lle pediu asistir á misa todos os domingos e como a Igrexa se atopaba en frente da forxa do ferreiro, concedeulle o seu desexo sempre e cando regresara canto antes. 

  Foron pasando os días, ata que un domingo mentres a moza rezaba na Igrexa, unha meiga apareceu diante do ferreiro e díxolle: 
       - Ti pronto morrerás e a muller que tes encerrada na túa casa sairá e coñecerá a un home guapo e xove coma ela, o amará e casará con el.

   De novo, o ferreiro enfureceu e cheo de envexa colleu un ferro ardendo para deformar a cara da bela muller. Recordemos que neste momento a xove se atopaba rezando na Igrexa. O vello acercouse a este lugar co ferro na man pero cando estaba a punto de colocar un pé dentro da Igrexa, Deus tapou a porta cun gran muro de pedras e así poder protexer á moza.

   Do susto, o vello decidiu deixar en paz á rapaza e volver ao seu traballo. 

   Hoxe en día consérvase esta porta, así que se ides á Igrexa de Castrelos poderedes ver o gran muro de pedras que evita a entrada ou a saída da Igrexa. 

Fonte: Turismo de Galicia. 


--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
FONTE DA INFORMACIÓN:

Ceniza, A. (2018). Misterios de Galicia y Asturias: Leyenda del herrero de Castrelos. Recuperado de https://bit.ly/2y4i9rK

Dark Lady. (2017). Cuentos de pueblo: El Herrero de Castrelos Recuperado de https://bit.ly/3f0bEXv